Publicacións da asociación
Un dos eidos máis importantes no ámbito da divulgación da nosa memoria histórica democrática é a edición de publicacións que recollen os feitos e as vivencias das persoas que sofriron a represión fascista durante a guerra civil e despois, durante a longa noite de pedra.
A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática de sempre adicou un especial coidado á esta labor difusora. Froito dela nacen as seguintes obras:
Actas dos Congresos da Memoria
Memoria Histórica Democrática promove e organiza desde 2003 os Congresos da Memoria. Encontros que teñen carácter bienal. Até o de agora veñen de celebrarse tres edicións, en Narón (2003), Culleredo (2005) e Pontevedra (2007). O vindeiro ano celebraráse o IV Congreso da Memoria na cidade de Ferrol.
Acceder á web do Congreso da Memoria
Colección Retallos da Memoria
«Retallos da Memoria» é unha iniciativa que pretende trazar, a traverso das súas lembranzas ou das dos seus familiares e achegados, apuntamentos biográficos de xentes que desde as máis diversas posicións enfrontaron o levantamento fascista de 1936 e sufriron por elo a represión, e as mais das veces, tamén as súas familias.
Acceder á web de Retallos da Memoria
Outras publicacións promovidas pola asociación
Ademáis das anteriores, a nosa asociación alenta e promove a edición de outras publicacións non seriadas.
El exilio republicano en Túnez
Bechir Yazidi, Edicións Embora
A primeira monografía publicada en España sobre o exilio dos mariños da Flota Republicana en Tunicia. A edición desta obra foi promovida pola nosa asociación, sendo a primeira achega á historia deste colectivo conformado por milleiros de persoas, boa parte delas de orixe galega.