Ligazóns
Estas son as páxinas persoais de membros da asociación:
Outras ligazóns de interese
Se tes unha ligazón relacionada co ámbito de actividade da nosa asociación, podes enviarnos a suxerencia ao noso correo electrónico, grazas!
-
Asociación Cultural Fuco Buxán
MHD mantén unha colaboración no ámbito da recuperación da memoria histórica con esta asociación ferrolá
http://www.fucobuxan.com/
-
Nomes e voces
Proxecto interuniversitario sobre a represión en Galiza. Non perder a base de datos de vítimas!
http://www.nomesevoces.net/
-
Blog de Xosé Manuel Suárez
Investigador da represión na provincia da Coruña:
http://xmsuarez.blogs-r.com/
Álbum de imaxes da Asociación
A nosa galería é o reflexo gráfico da actividade da asociación nos eidos de reivindicación da Memoria Histórica e de divulgación cultural.
Podes utilizar as fotos para uso persoal ou para difusión pública, pero lembra que é indicado citar a orixe (Memoria Histórica Democrática ou MHD), e se é o caso o nome do fotógrafo/a que ven sinalado en cada album.
Homenaxe Amada García no Castelo de San Felipe 2012
 | A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática rendeu homenaxe a todas as persoas asasinadas polo Franquismo, e particularmente ás mulleres represaliadas polo franquismo, representadas na figura da mugardesa Amada García. Date: Jan 27, 2012 Number of Photos in Album: 25
View Album |
Brigada Bravo-Díaz
 | Date: Apr 14, 2011 Number of Photos in Album: 10
View Album |
Homenaxe as victimas do fascismo en Ferrolterra
 | Date: Apr 14, 2011 Number of Photos in Album: 39
View Album |
Mesa redonda -A recuperación da memoria en Ferrol
 | Enrique Barrera. Profesor, Investigador da historia de Ferrol durante a II República, a ditadura e a transición. Eliseo Fernández. Investigador especializado na historia do movemento obreiro e do anarquismo en Galicia e Ferrol.
Bernardo Maíz. Doutor en Historia Contemporánea, Catedrático de Ensino Medio. Investigador da historia de Galicia e Ferrol durante a República e a Ditadura.
Manuela Santalla. Profesora, Doutora en Xeografia e Historia. Investigadora da historia de distintos movementos sociais de Ferrol no S.XX.
Xosé Manuel Suárez. Mestre, Doutor en Xeografía e Historia. Investigador da historia de Ferrol durante a guerra civil e a ditadura.
Moderador: Guillermo Llorca, Profesor e historiador.
Organizan; Concello de Ferrol , AS. Memoria Historica Democratica , AS Fuco Buxán Location: Ferrol Date: Apr 7, 2011 Number of Photos in Album: 11
View Album |
Mesa redonda: “Memoria e Democracia”
 | José Antonio Martín Pallín. Maxistrado emérito do Tribunal Supremo. Colaborador de Amnistía Internacional e da Comisión Internacional de Xuristas en misións de investigación sobre dereitos humanos en Latinoamérica e Palestina. Premio Nacional de Dereitos Humanos en 2006.
Carlos Teijo García. Profesor de Derecho Internacional Público e Relacións Internacionais da USC. Doutor en Ciencias Políticas e Dereito.
Susana Alaniz, uruguaia afincada en Ferrol, colabora coas asociacións Nais e Familiares de Presos Políticos e con Nais e Familiares de Detidos e Desaparecidos, ambas de Uruguai.
Moderadora: Carmen Fernández Casanova, Catedrática de Historia Contemporánea da UDC. Date: Apr 6, 2011 Number of Photos in Album: 8
View Album |
Mesa redonda: “O contexto actual no proceso de recuperación da memoria"
 | Xornadas da quincena da República
“A verdade nunha man pechada.Ferrol recuperando a memoria”
Carlos Agüero. Investigador en filosofía, Coordinador da Oficina Non Gubernamental de Atención a Vítimas da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea da USC. Dirixe o Proxecto de investigación “Nomes e Voces”, e é o investigador principal en varios proxectos que teñen como temática o franquismo no ámbito galego, estatal e internacional.
Xosé Lois Vilar. Historiador e arqueólogo, membro do Instituto de Estudos Miñoranos.
Modera: Virxinia Salvo, xornalista
Organizan; Concello de Ferrol , AS. Memoria Historica Democratica , AS Fuco Buxán Date: Apr 5, 2011 Number of Photos in Album: 11
View Album |
Tertulia sobre a obra teatral "Memoria de Helena e María"
 | Xornadas da quincena da República
“A verdade nunha man pechada.Ferrol recuperando a memoria” Tertulia sobre a obra “Memoria de Helena e María”, de Teatro do Atlántico. Organizan; Concello de Ferrol , AS. Memoria Historica Democratica , AS Fuco Buxán Date: Mar 31, 2011 Number of Photos in Album: 14
View Album |
“Muller e memoria”
 | Mesa redonda baixo o título “Muller e memoria”. Nela participarán Aurora Marco, catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega da USC; Mary Nash, catedrática de Historia Contemporánea na Universidad de Barcelona e presidenta e fundadora da Asociación Española de Investigación en Historia de Mulleres, e María Jesús Souto, doutora en Historia Contemporánea na USC e especializada na estudo da represión franquista. Moderará Sari Alabau, concelleira de EU. Date: Mar 30, 2011 Number of Photos in Album: 10
View Album |
"Señora de"
 | "Señora de", móstranos os testemuños de varias xeracións de mulleres ás que a historia nin sequera permitiulles soñar. O único que puideron facer foi resignarse e aceptar que naceron e creceron noutra época na que as súas voces, os seus desexos e mesmo os seus pensamentos foron silenciados. Date: Mar 29, 2011 Number of Photos in Album: 8
View Album |
Quincena da República,Ferrol Recuperando a Memoria
 | Date: Mar 23, 2011 Number of Photos in Album: 7
View Album |
Nomeamento de Benigna Díaz Corral (Binucha) como Muller do ano en Narón (08/03/2011)
 | Date: Mar 8, 2011 Number of Photos in Album: 9
View Album |
Homenaxe a Alejandro Porto Leis, Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira (2011)
 | Inauguración do monolito en lembranza de Alejandro Porto Leis, último alcalde republicano de Serantes, Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira (estes últimos asasinados canda el por tentar protexelo da persecución dos golpistas). Os catro foron cruelmente asasinados polos no 1938. Recomendamos ollar o Documental do realizador Xosé Abad “O segredo da Frouxeira”, baseado nestes feitos Trailer: http://www.youtube.com/watch?v=c05q61dop3Q
(Fotos de Rodrígo Díaz e Suso Pazos) Date: Feb 11, 2011 Number of Photos in Album: 53
View Album |
Homenaxe a Amada García no castelo de San Felipe (2011)
 | A ofrenda floral e o acto de homenaxe a esta mugardesa, fusilada hai 72 anos, xunto con outros veciños, por orde dos militares sublevados contra o goberno lexítimo da República, converteuse nun acto que o tempo transformou nun símbolo contra a barbarie do fascismo. Fotografías de Suso Pazos. Date: Jan 27, 2011 Number of Photos in Album: 23
View Album |
“Galegos en Portugal durante a guerra civil e a posguerra” (2010)
 | Conferencia :
Ángel Rodríguez Gallardo é Doutor en Filologia Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi Profesor Convidado na Faculdade de Humanidades da Universidade Nacional da Patagonia (Argentina) e Investigador Post-doutoral no Centro de Estudos de Etnologia Portuguesa da Faculdade de Ciências Sociais da Universidade Nova de Lisboa e no Centro de Linguística da Universidade de Lisboa. É profesor contratado Doutor na Universidade de Vigo e investigador do Centro de Estudos Interdisciplinares Século XX da Universidade de Coimbra. As suas investigacións céntranse en historia social do franquismo, movimentos migratorios, historia oral, memoria histórica, escritura epistolar e análise do discurso. Ten publicado Letras armadas (2005), O ruído da morte. A represión franquista en Ponteareas (2006), Memoria e Silencio na Galiza contemporânea (2008) e La escritura femenina en reclusión (2009). Date: Jun 18, 2010 Number of Photos in Album: 9
View Album |
Manifestación en solidaridade co xuiz Garzón (2010)
 | A Memoria Histórica Democrática,AVV de Esteiro, Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Esquerda Unida, USTG,Asociación Veciñal O Prioriño, Ospaal,BNG ,Terra Galega,CC.OO e UXT
NA CONCENTRACIÓN DE SOLIDARIDADE CO XUIZ GARZÓN
DÍA 24 ÁS 12:00H,NA PLAZA DE ARMAS-FERROL
E CO LEMA:
“Verdade, xustiza, reparación” Location: ferrol Date: Apr 24, 2010 Number of Photos in Album: 17
View Album |
Homenaxe a todas as vítimas da represión franquista (2010)
 | (Fotos de Suso Pazos/Memoria Histórica Democrática)
Conmemoración no 79 cabodano da proclamación da II República. Homenaxe público a todas as vítimas da represión franquista no muro do antigo cemiterio de Canido (o actual instituto de ensino). Location: Ferrol Date: Apr 14, 2010 Number of Photos in Album: 20
View Album |
Exposición «La memoria de la tierra» (2010)
 | (Fotos de Suso Pazos/Memoria Histórica Democrática)
Inauguración da exposición fotográfica do fotoxornalista e colaborador de ARMH Eloy Alonso no Ateneo Ferrolán de Ferrol. Presentada por Santiago Macías, vicepresidente de ARMH, a exposición forma parte dos actos da Semana da República 2010 organizada por Memoria Histórica Democrática en colaboración co Ateneo Ferrolán.
Posteriormente celebrouse a conferencia-coloquio «Olvidar el olvido», por Santiago Macías Location: Ferrol Date: Apr 12, 2010 Number of Photos in Album: 32
View Album |
Homenaxe a Amada García (2010)
 | (Fotos de Suso Pazos/Memoria Histórica Democrática)
Homenaxe a Amada García no cabodano do seu fusilamento no paredón do Castelo de San Felipe en Ferrol. Nesta homenaxe familiar participa seu fillo Gabriel (nado no mesmo cárcere onde estaba presa súa nai) e súa neta Amada. Memoria Histórica Democrática solidarízase coa figura de Amada García e estende a homenaxe a todas as mulleres e homes que perderon a vida por mor da represión. Location: Ferrol Date: Jan 27, 2010 Number of Photos in Album: 26
View Album |
A mina da Silvarosa en Viveiro (2009)
 | (Fotos de Suso Pazos/Memoria Histórica Democrática)
Xornada no teatro Pastor Díaz en Viveiro o 27 de Xuño do 2009. Lembranza da mina da Silvarosa e da represión franquista. Location: Viveiro Date: Jun 27, 2009 Number of Photos in Album: 26
View Album |
Presentación do libro Retallos da memoria II (2009)
 | (Fotos de Suso Pazos/Memoria Histórica Democrática)
Presentación do segundo número da serie «Retallos da Memoria» na Galería Sargadelos de Ferrol, con participación de familiares das persoas biografiadas no libro. Location: Ferrol Date: Jun 19, 2009 Number of Photos in Album: 15
View Album |
Máis imaxes na nosa galería http://picasaweb.google.es/memoriahistoricademocratica/