Asociación Cultural Memoria Historica Democrática
«Os pobos que non coñecen a súa historia
están condenados a repetila»

Presentación

Actividades

» Congreso da Memoria

» Retallos da Memoria

Biblioteca

Galería de imaxes

Ligazóns

Contacto

A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática xurdiu a finais do ano 2001, cando unha serie de persoas de Ferrolterra (historiadores, familiares de represaliados e xentes interesadas no tema) tomaron a iniciativa de fundar unha Asociación adicada a impulsar a reivindicación da débeda histórica que se mantén coas persoas que sofriron a represión no período franquista.

Despois da celebración dunha xuntanza para a creación da Asociación, celebrada o 15 de xaneiro de 2002 no Ateneo Ferrolán, abriuse un longo período constituinte, que rematou o 22 de xuño de 2002, coa aprobación dos estatutos e a constitución legal da Asociación. Este proceso de legalización concluiu o 9 de outubro de 2002, coa inscrición no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia.

Por esas datas comezou unha campaña de presentación de mocións en varios concellos da bisbarra, para pedir o recoñecemento e a homenaxe das corporacións ás persoas que entre os anos 1936 e 1976 perderon a vida e a libertade.

O día 12 de xullo de 2002 levouse adiante tamén un emotivo acto polo cal dous veteráns loitadores antifranquistas foron homenaxeados pola Asociación: Antonio Ares Abelleira, combatente clandestino de primeira hora, e José María Fernández Pérez "Pepe Molinuco", militante antifranquista, sendo nomeados -respectivamente- Presidente e Socio de Honra da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.

Dende aquelas datas até a de hoxe, ademáis de colaborar e participar en iniciativas de recuperación da memoria histórica democrática, a Asociación adicou os seus esforzos a xestionar a organización do Congreso da Memoria, encontro historiográfico de carácter bienal, en homenaxe aos represaliados e represaliadas polo franquismo, e do que se levan celebradas tres edicións: "A represión franquista en Galicia" (Narón, 2003), e "A II República e a Guerra Civil en Galicia" (Culleredo, 2005), e "O franquismo en Galicia" (Pontevedra, 2007).

Presentación en Ferrol

01/07/2008
[image]
Acompañado pola concelleira de Cultura Yolanda Díaz, o profesor Bechir Yazidi presentou na Galería Sargadelos de Ferrol a súa obra de investigación sobre o exilio español en Tunicia.







» Descargar o MP3 da presentación (22 mb)

» Entrevista a Bechir Yazidi no suplemento Nordesía de Diario de Ferrol (PDF)

O profesor Yazidi presenta o seu libro sobre o exilio español en Túnez

28/06/2008
[image]

A biblioteca da Deputación d'A Coruña acolleu o acto de presentación do libro «El exilio republicano en Túnez», do profesor Bechir Yazidi, publicado por Edicións Embora.

No acto estiveron presentes o presidente e vicepresidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda e Pablo Villamar, xunto ao presidente da nosa asociación, Manuel Fernández Pita.

O profesor Enrique Barrera encargouse de presentar ao profesor Yazidi, profesor de Historia Contemporánea na Universidade da Manouba (Tunisia).

Fernández Moreda destacou o «rigor histórico» da obra de Bechir Yazidi, así como a súa «importante contribución á recuperación dunha parte da historia descoñecida para moitos e na que moitos dos protagonistas foron galegos”.

Presentación do libro

27/06/2008
[image]

Hoxe, día 27, ás 20.00 horas, na sala de medios audivisuais da Biblioteca Provincial d'A Coruña, preséntase a obra, froito da investigación do profesor Bechir Yazidi, sobre o exilio republicán en Túnez, editada pola Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.

O vindeiro luns, día 30, terá lugar a presentación en Ferrol, ás 20.00 horas na galería Sargadelos.

Quedades tod@s convidad@s
Descargar máis información (PDF)

16 de xuño: conferencia sobre a flota republicana

10/06/2008
O vindeiro luns, 16 de xuño ás 20.00 horas terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol unha charla sobre a flota republicana.

Intervirán o historiador Xosé Manuel Suarez e David Fernández, que presentará a mostra fotográfica sobre a flota republicana que quedará exposta na mesma Galería Sargadelos.

Conferencia: «Os mestres da II República en Valdoviño e a súa represión»

28/04/2008
Hoxe luns 28 de abril ás 19.00 horas, celebrarase no C.C. Carvalho Calero, a conferencia de Sabela Díaz Regueiro.

O acto enmárcase nas actividades programadas por mor da presenza en Ferrol da exposición sobre as misións pedagóxicas.

» ler anteriores

Exposición fotográfica: Homenaxe á Armada Republicana

27/05/2008
[image]
Descargar cartel en PDF
O vindeiro 16 de xuño inaugúrase unha exposición con fotografías en grande medida inéditas ou pouco coñecidas, na Galería Sargadelos.

Exposición en Ferrol

12/04/2008
[image]
Descargar o folleto da exposición (PDF)
A asociación, coa colaboración do Concello de Ferrol, trae a exposición sobre as Misións Pedagóxicas organizadas durante a Segunda República.

Ademáis da exposición, que permañece aberta entre o 11 de abril e o 9 de maio, programáronse varias actividades paralelas. Desde este espazo convidámosvos a participar desta oportunidade. Máis información no documento.

III Congreso da Memoria en Pontevedra

17/12/2007
[image]
Os días 6, 7 e 8 de decembro celebrouse en Pontevedra O III Congreso da Memoria " O franquismo en Galicia".

Máis información na web do congreso:
congresodamemoria.org

Presentación das actas do II Congreso da Memoria

21/12/2006
O pasado mércores 20 de decembro, ás 19.30 horas na Galería Sargadelos de Ferrol, tivo lugar o acto de presentación do libro de actas do II Congreso da Memoria.

Trala presentación oficial celebrada en Culleredo en días pasados, esta nova publicación recolle os traballos apresentados no congreso celebrado neste concello coruñés en decembro de 2005, continuador da primeira iniciativa de recuperación da memoria histórica democrática que tivera lugar no concello de Narón en decembro de 2003.

Portada das Actas do I Congreso da Memoria (Narón, decembro de 2003)

» ler anteriores
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática - Ateneo Ferrolán, Rúa Madalena 202-204. 15001 Ferrol
memoriahistoricademocratica@gmail.com