Contacto
Quen somos
A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática xurdiu a finais do ano 2001, cando unha serie de persoas de Ferrolterra (historiadores, familiares de represaliados e xentes interesadas no tema) tomaron a iniciativa de fundar unha Asociación adicada a impulsar a reivindicación da débeda histórica que se mantén coas persoas que sofriron a represión no período franquista.
Despois da celebración dunha xuntanza para a creación da asociación, celebrada o 15 de xaneiro de 2002 no Ateneo Ferrolán, abriuse un longo período constituinte, que rematou o 22 de xuño de 2002, coa aprobación dos estatutos e a constitución legal da Asociación. Este proceso de legalización concluiu o 9 de outubro de 2002, coa inscrición no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia.
Por esas datas comezou unha campaña de presentación de mocións en varios concellos da bisbarra, para pedir o recoñecemento e a homenaxe das corporacións ás persoas que entre os anos 1936 e 1976 perderon a vida e a libertade.
O día 12 de xullo de 2002 levouse adiante tamén un emotivo acto polo cal dous veteráns loitadores antifranquistas foron homenaxeados pola Asociación: Antonio («Toñito») Ares Abelleira, combatente clandestino de primeira hora, e José María Fernández Pérez («Pepe Molinuco»), militante antifranquista, sendo nomeados -respectivamente- Presidente e Socio de Honra da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.
Dende aquelas datas até a de hoxe, ademáis de colaborar e participar en iniciativas de recuperación da memoria histórica democrática, a Asociación adicou os seus esforzos a xestionar a organización do Congreso da Memoria, encontro historiográfico de carácter bienal, en homenaxe aos represaliados e represaliadas polo franquismo, e do que se levan celebradas tres edicións: "A represión franquista en Galicia" (Narón, 2003), e "A II República e a Guerra Civil en Galicia" (Culleredo, 2005), e "O franquismo en Galicia" (Pontevedra, 2007).
Correo postal
-
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
Ateneo Ferrolán, rúa Magdalena, 202-204
15402 Ferrol
Correo electrónico
- memoriahistoricademocratica(arroba)gmail.com
O sitio web e o blog de Memoria Histórica Democrática están xestionados por Suso Pazos e Xoán Porto.