Congreso da Memoria

O Congreso da Memoria, cuxa primeira edición celebrouse no concello de Narón en 2003, é un evento sen precedentes a nivel galego. Aquela primeira edición reuniu a máis de 40 especialistas na represión franquista, entre historiadores e investigadores, xunto con ducias de represaliados e familiares; e tamén público en xeral que encheu durante tres días o Pazo da Cultura deste concello coruñés. Este I Congreso da Memoria deu como froito un libro de actas de máis de 800 páxinas no que se condensa, por vez primeira, boa parte da produción científica sobre a represión franquista en Galiza, obra indispensábel para a rehabilitación da nosa memoria histórica democrática.
A este primeiro congreso, seguíronlle outras dúas edicións, tomadas polos concellos de Culleredo en 2005 e Pontevedra en 2007. O IV Congreso da Memoria celebraráse no ano 2011 na cidade de Ferrol.
Libros de actas
III Congreso da Memoria, Pontevedra 2007
Celebrado os días 6, 7 e 8 de decembro de 2007
O libro de actas estará dispoñíbel en breve
Celebrado os días 1, 2 e 3 de decembro de 2005
Libro de actas do II Congreso da Memoria (Flash paper)
Celebrado os días 4, 5, 6 e 7 de decembro de 2003
Libro de actas do I Congreso da Memoria (Flash paper)