Este apartado está en elaboración, en breve disporemos a historia das actividades desenvolvidas durante a última década pola nosa asociación.

Ano 2010

Abril

  • 12 ao 17, Semana da República.

Marzo

  • Mocións nos concellos.

Xaneiro

  • 27, Homenaxe a Amada García.

Ano 2009

Decembro

Novembro

 

Ano 2008

 

Ano 2007

 

Ano 2006

 

Ano 2005

 

Ano 2004

 

Ano 2003

Durante todo o ano 2003 xestouse a organización do primeiro Congreso da Memoria, iniciativa pioneira en Galiza. Para elo iniciouse unha longa rolda de entrevistas nos distintos concellos da comarca de Ferrolterra para  solicitar a colaboración dos entes municipais. O concello de Narón amosou a maior disposición, tanto no finanzamento como na utilización de instalacións axeitadas para a celebración dun evento destas características, o que permitiu finalmente a materialización desta iniciativa, celebrándose o «I Congreso da Memoria: A represión franquista en Galiza» no Pazo da Cultura de Narón en decembro de 2003.

Decembro

  • 7, Inauguración do monolito conmemorativo ao carón da igrexa do Val (Narón).
  • 4 ao 6, Celebración do I Congreso da Memoria: A represión franquista en Galiza.

Novembro

  • 24, Sinatura, ante os medios de comunicación social, do convenio entre o Concello de Narón e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, para o financiamento do I Congreso da Memoria. Presentación do programa de actividades do Congreso.
  • Presentación do I Congreso da Memoria en  Pontevedra, convidados polo Concello desta cidade. A presentación fíxose antes os medios de comunicación, e posteriormente asistimos a un programa de Localia TV, e finalizamos coa presentación pública no Teatro Principal.
  • Presentación do Congreso na Asociación Terra de Trasancos do Val (Narón), parroquia na que se erixe o monolito en lembranza dos represaliados, financiado por dita asociación, e ubicado en terreos da súa propiedade.

Outubro

  • 31, Confirmación da asistencia Isaac Diaz Pardo e Manuel Rivas ao Congreso da Memoria.
  • 27, Confirmación da asistencia do historiador Harmunt Heine ao Congreso da Memoria.
  • 22, Convocatoria aberta para a celebración dunha reunión con familiares de represaliados e cidadáns no Ateneo Ferrolán, para artellar a súa participación no Congreso da Memoria.

Xullo

  • 30, Presentación do Congreso da Memoria ante os medios de comunicación social.

Ano 2002

Xullo

  • 18, Colaboración co Movemento Cultural Cristiano, durante o seu campamento de verán urbán celebrado en Ferrol, fixemos unha unha visita guiada aos lugares emblemáticos da represión en Ferrol (castelo de San Felipe, cemiterio de Serantes).
  • 12, Nomeamento como Presidente de Honra da asociación a Antonio Ares Abelleira (Toñito), e como Socio de Honra a José María Fernández Pérez (Pepe Molenuco), veteráns loitadores antifranquistas.
  • 3, Presentación en el Concello de Fene.

Xuño

Neste mes apróbanse os Estatutos e a constitución legal da asociación. Este proceso alóngase até o mes de outubro, recibindo a inscrición no Rexistro Central de Asociacións da Xunta, co número de rexistro correspondente.

Neste mes de xuño preséntanse aos alcaldes, e posteriormente por rexistro, mocións pedindo o recoñecemento e a homenaxe ás corporacións e ás persoas que entre os anos 1936 e 1976 perderon a vida ou a liberdade.

  • 27, Presentación no concello de Mugardos.
  • 24, Presentación no concello de Narón.
  • 21, Presentación no concello de Neda.
  • 21, Presentación no concello de Ferrol.

Xaneiro

  • 27, Publicación na prensa do terceiro escrito titulado «Memoria Histórica Democrática – III», no que se explicita o compromiso da creación da asociación.
  • 13, Publicación na prensa do segundo escrito, titulado «Memoria Histórica Democrática – II», no que se convoca a unha reunión aberta no Ateneo Ferrolán, a fin de explicar e discutir a pretensión da creación dunha asociación cívica.

Ano 2001

Decembro

  • 22, Publícase un primeiro artigo titulado «Memoria Histórica Democrática – I» que expón a idea da creación dunha asociación para o impulso e a reivindicación da débeda histórica que como sociedade democrática mantemos coas persoas que sofriron a represión durante o franquismo. Asinan o artigo José María Fernández Pérez (Pepe Molenuco), Manuel A. Fernández Pita, Bernardo Maiz Vázquez e Beatriz Rascado Beceiro.