Asociación Cultural Memoria Historica Democrática
«Os pobos que non coñecen a súa historia
están condenados a repetila»

Presentación

Actividades

» Congreso da Memoria

» Retallos da Memoria

Biblioteca

Galería de imaxes

Ligazóns

Contacto

A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática xurdiu a finais do ano 2001, cando unha serie de persoas de Ferrolterra (historiadores, familiares de represaliados e xentes interesadas no tema) tomaron a iniciativa de fundar unha Asociación adicada a impulsar a reivindicación da débeda histórica que se mantén coas persoas que sofriron a represión no período franquista.

Despois da celebración dunha xuntanza para a creación da Asociación, celebrada o 15 de xaneiro de 2002 no Ateneo Ferrolán, abriuse un longo período constituinte, que rematou o 22 de xuño de 2002, coa aprobación dos estatutos e a constitución legal da Asociación. Este proceso de legalización concluiu o 9 de outubro de 2002, coa inscrición no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia.

Por esas datas comezou unha campaña de presentación de mocións en varios concellos da bisbarra, para pedir o recoñecemento e a homenaxe das corporacións ás persoas que entre os anos 1936 e 1976 perderon a vida e a libertade.

O día 12 de xullo de 2002 levouse adiante tamén un emotivo acto polo cal dous veteráns loitadores antifranquistas foron homenaxeados pola Asociación: Antonio Ares Abelleira, combatente clandestino de primeira hora, e José María Fernández Pérez "Pepe Molinuco", militante antifranquista, sendo nomeados -respectivamente- Presidente e Socio de Honra da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.

Dende aquelas datas até a de hoxe, ademáis de colaborar e participar en iniciativas de recuperación da memoria histórica democrática, a Asociación adicou os seus esforzos a xestionar a organización do Congreso da Memoria, encontro historiográfico de carácter bienal, en homenaxe aos represaliados e represaliadas polo franquismo, e do que se levan celebradas tres edicións: "A represión franquista en Galicia" (Narón, 2003), e "A II República e a Guerra Civil en Galicia" (Culleredo, 2005), e "O franquismo en Galicia" (Pontevedra, 2007).

Conferencia: «Os mestres da II República en Valdoviño e a súa represión»

28/04/2008
Hoxe luns 28 de abril ás 19.00 horas, celebrarase no C.C. Carvalho Calero, a conferencia de Sabela Díaz Regueiro.

O acto enmárcase nas actividades programadas por mor da presenza en Ferrol da exposición sobre as misións pedagóxicas.

Presentación do documental sobre as misións pedagóxicas

15/04/2008
[image]
O luns 14 de abril proxectouse no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol o documental «Las Misiones Pedagógicas 1931-1936».

Este primeiro pase tivo como excepcionais convidados ao seu director Gonzalo Tapia, e ao investigador Eugenio Otero Urtaza (ambos na imaxe), que aportaron diversos aspectos sobre a xestación do audiovisual e sobre o devir biográfico das persoas envoltas no desenvolvemento das misións pedagóxicas durante os primeiros anos da II República e ata ben entrada a guerra civil de 1936-1939. O público asistente agradeceu as intervencións deste extenso e ameno coloquio que pechou o acto.

O documental pode verse en pases abertos no salón de actos do centro cultural tódolos mércores e venres ás 19.00 horas, ata a clausura da exposición o vindeiro 9 de maio.

Cea conmemorativa do 77 aniversario da proclamación da II República

07/04/2008
Desta volta a organización correspóndelle á nosa asociación. O acto terá lugar no Restaurante O Galo (Valón), o vindeiro sábado, 12 de abril, ás 21.30 horas.

Prezo do cuberto 25 Euros. As entradas pódense mercar na Galería Sargadelos de Ferrol ata o 10 de abril. Máis información no teléfono: 629 366 146.

Memoria Histórica Democrática vence as trabas á investigación nos rexistros civís

23/01/2008
A Dirección General de Registros y del Notariado dá a razón no recurso presentado pola Asociación e permite o acceso aos rexistros civís de varios concellos que impediran con anterioridade a labor investigadora que ven desenvolvendo Xosé Manuel Suárez, historiador da Asociación.

Máis información: La Voz de Galicia

1ª Semana da Memoria Histórica en Cedeira

17/12/2007
[image]
Do 15 ao 20 de decembro de 2007 desenvolveránse as seguintes actividades organizadas polo Concello de Cedeira en colaboración coa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e o Ateneo Republicano de Galicia.

Sábado, 15; 19.00 horas. Inauguración dos actos e exposición na Sala Áncora. A exposición permañecerá aberta ata o 1º de xaneiro de 2008.

Domingo 16, 20.30 horas. Auditorio municipal: proxección da película "El lápiz del carpintero", baseada na novela de Manuel Rivas, dirixida por Antón Reixa.

Luns 17, 20.30 horas. Auditorio municipal: proxección do documental "La mala muerte".

Martes 18, 17.30 horas. Homenaxe aos represaliados. Inauguración de rúas en Cedeira.

Mércores 19, 20.30 horas. Auditorio municipal: proxección do documental "La columna de los 8.000". Debate.

Xoves 20, 20.30 horas. Auditorio municipal: proxección do documental "Las misiones pedagógicas (1931-1936)". Coloquio con Gonzalo Tapia (director do documental).

» ler anteriores

Exposición en Ferrol

12/04/2008
[image]
Descargar o folleto da exposición (PDF)
A asociación, coa colaboración do Concello de Ferrol, trae a exposición sobre as Misións Pedagóxicas organizadas durante a Segunda República.

Ademáis da exposición, que permañece aberta entre o 11 de abril e o 9 de maio, programáronse varias actividades paralelas. Desde este espazo convidámosvos a participar desta oportunidade. Máis información no documento.

III Congreso da Memoria en Pontevedra

17/12/2007
[image]
Os días 6, 7 e 8 de decembro celebrouse en Pontevedra O III Congreso da Memoria " O franquismo en Galicia".

Máis información na web do congreso:
congresodamemoria.org

Presentación das actas do II Congreso da Memoria

21/12/2006
O pasado mércores 20 de decembro, ás 19.30 horas na Galería Sargadelos de Ferrol, tivo lugar o acto de presentación do libro de actas do II Congreso da Memoria.

Trala presentación oficial celebrada en Culleredo en días pasados, esta nova publicación recolle os traballos apresentados no congreso celebrado neste concello coruñés en decembro de 2005, continuador da primeira iniciativa de recuperación da memoria histórica democrática que tivera lugar no concello de Narón en decembro de 2003.

Portada das Actas do I Congreso da Memoria (Narón, decembro de 2003)

» ler anteriores
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática - Ateneo Ferrolán, Rúa Madalena 202-204. 15001 Ferrol
memoriahistoricademocratica@gmail.com